“Cómo serei eu
cando non sexa eu? …..
…..
– prolongándome vivo cara a morte -”
Ángel González

 

“O primario na imaxe, a imaxe retiniana reconstruida pola lembranza. A imaxe secreta, a imaxe intercalada -¿interpolada?- polas palabras, polo sono, polo engano axial da novela persoal.

Cando xurde a Fotografía e comeza a espallarse como práctica social, nada máis hai a imaxe secreta, o visto, ademáis de, tamén, a imaxe convida da pintura -estamental e censurada-. O valor da Fotografía non é tal coma representación da realidade, senón polo que ela mesma revela da mirada, pois a imaxe retiniana pode ó cabo ser delatada por medio da Fotografía e deixar de ser secreta. “

Pep Paramos

Interpretar a Luis Botana é un labor complexo, as súas imaxes, interpelan, golpean, escupen, emocionan.. laten. Recollidas no seu entorno máis cercano, son íntimas é universales ao mesmo tempo. A vida é o paso do tempo, o tempo vivido, o tempo por vivir, o tempo suxerido. O espectador non pode permanecer indiferente, ten que decidir e interpretar, como a diario, como sempre, como na vida. Latexos editado por Cousa Nostra Editorial é unha viaxe circular, infinita, con pequenas historias que conforman un latexo constante de emocións.

Se queres comprar Latexos, podes facelo na nosa tenda online ou en zlick en Marina Nieto, 12 B Izq. 15009 no parque de Oza.

16,5 x 28 cm

80 páxinas

Papel Offset 150 g

Capa Offset laminado Mate

Autor : Luis Botana

Editorial : Cousa Nostra

Primeira edición 100 exemplares asinados e numerados