Se queres participar no XXI Certame Manuel Eirís, agora podes facelo con Zlick. Varios dos premiados nas ultimas edicións como Luis Botana, Simone Maestra, Martiño Martínez , Samuel Ortíz ou Alfonso Rego o fixeron e son proba de que presentar o teu traballo ben impreso e montado axuda. Como todas as edicións recentes, ofertamos a posibilidade de imprimir e montar o teu traballo escollendo entre 3 soportes diferentes, este ano os papeis son Portrait white, Edition Etching Rag e Platine Fibre Rag, as imaxen se imprimen en 40 cm polo lado maior como máximo, con marxe até 40×50 cm , e pegadas sobre kappafix de 10mm, todos os materiais son opticamente neutros e a impresión e Glicée de tintas pigmentadas para garantir a calidade e a durabilidade. Ademáis de isto, incluimos a preparación e o envio das obras até o dia 23, (a partir de ese dia non enviamos só imprimimos), , só tes que facernos chegar os datos é a documentación requerida para que o adxuntemos coa o obra. O prezo por peza con impresión, montaxe e envío incluidos e tan só de 25€. Este ano ademáis recibirás un bono de 5€ por obra para futuras impresións. Se quieres más info, chama ao 881897795 ou escribe a info@zlick.net.
Podes enviar a tuas obras e documentación a través de correo, ou utilizando este servizo de envio de arquivos: SMASH
Podes ver un resumo das bases nesta página pero as bases oficias e completas están en este enlace: BASES
E o folleto de participación pódese descargar eiquí: FOLLETO
BULE!! a nosa oferta remata o día 23 de Marzo, ese é o ultimo día para enviar o teu traballo..
Bases
O Concello de Carballo, coa colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz e da empresa Interfilm, convoca a XXI edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.
- Poderán optar ao Certame todas as persoas físicas que o soliciten.
- Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras.
- As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre. O feito de participar presupón que os/as autores/as están en posesión do Copyright e, en consecuencia, ostentan en exclusividade os dereitos de autoría e imaxe, polo que queda eximida a organización do Certame de calquera conflito de publicación ou utilización das obras presentadas e dos que puidera derivarse.
- Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
- Non poderán participar en ningunha das modalidades do Certame os/as concursantes que obtiveran o primeiro premio nas dúas últimas edicións deste, e non poderán concursar no Premio Especial Carballo aqueles/as que o gañasen nas dúas últimas edicións.
- As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm).
- Cada fotografía irá acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
- Primeiro premio: 1.500 euros e diploma.
- Segundo premio: 750 euros e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.
- Premio Especial «Carballo» á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio: 500 euros e diploma.
- Accésit: 300 euros, patrocinado por Interfilm Carballo por primeira vez.
Concello de Carballo
Praza do Concello, s/n.
15100 Carballo (A Coruña)
Tfno.: 981 704 100
Email: info@carballo.gal