Prospekt Moscow

Prospekt Moscow  de Simone Maestra 

O primeiro dos volumes da colección da editorial Cousa Nostra  .Un documental poético nunha Rusia atemporal fotografiado con Polaroid. Pódese Mercar na tenda online 

16,5 x 23,5 cm

82 páxinas

Papel Offset 150 g

Capa Offset laminado Mate

Grabado Golpe Seco: Manchea

Autor : Simone Maestra

Editorial : Cousa Nostra

Primeira edición 100 exemplares asinados e numerados

Introducción

As paredes dunha vella casa do rural, a mirada serena dun avó, os cristais embazados duns trolebuses raquíticos, o interior dun comedor é dicir, un comedor soviético. Estes son algúns dos “still”, fragmentos fotográ- ficos, das notas visuais que Simón Mestra quería gardar na memoria da súa moleskine persoal, unha Polaroid inseparable e sempre fiel. Son re- cordos íntimos e certamente poéticos, que quería ensinarnos, a época que vai do 2006-2008 nunha cidade anónima dun estado ruso infinito.

Un novo mundo para el, que non coñecía nin a cultura e as tradicións, nin tampouco o seu idioma tan complexo, pois é aquí cando a fotografía se vai amosando como é, é dicir, unha linguaxe directa e universal, e tamén unha ferramenta marabillosa coa que aprender máis de preto aos que nos rodean. E é así que a esta realidade, a este territorio ex soviético e post-industrial, se achegou sen ningún prexuízo, impulsado só polo desexo de entendelo mellor.

É unha Rusia menor, marxinal, sen dúbida non é turística, a que viviu Simone. Estamos lonxe de edificios ricos do centro, das luces brillan- tes, dos Hummer rimbombantes, que fan moito ruído e son vulgares, lonxe da Moscova onde se mata por uns poucos dólares. Con todo, aquí non estamos moi lonxe, só un par de horas en coche. O suficiente para contar outro mundo, das outras caras e das outras vidas, da hu- manidade máis “auténtica”. De quen nun país, nunha grande e repen- tina transformación, quere seguir con orgullo conservando a súa propia identidade non globalizada.

 

Antecedentes

A epopea da identidade dun pobo é tamén o tema de fondo dun dos libros de fotos máis influente do século pasado, “Lles Americains” do suízo Robert Frank de 1958, un informe en branco e negro de dous anos de viaxe que realmente fixo “no camiño” dentro do remoto país norteamericano.

Inevitablemente, dado o tipo de enfoque e as imaxes extraordinarias e certamente revolucionarias para a época, hai aínda unha representación dos suxeitos sen a interacción e participación, aínda que sexa nunha vi- sión expresionista e persoal.

Un método narrativo oposto, que a principios dos anos noventa será a base doutra publicación significativa“Hundred summers, hundred winters” da fotógrafa holandesa Van Manen Bertien, que iniciara unha viaxe, despois de 1990, a varios esta- dos da ex Unión Soviética, co obxectivo de documentar o inevitable co- lapso.

Neste caso, a autora relaciónase cos suxeitos inmortalizados, é amiga, entrando a miúdo na intimidade dos seus fogares, coñecendo os membros da familia, os seus queridos, as súas historias, os seus desexos. É a mesma metodoloxía utilizada por Simone onde a fotografía volve ser coñecemento dos demais porque ten a intención de ir mais en pro- fundidade, e volve ser testemuña da súa propia vida e do mundo, supe- rando o concepto do momento decisivo.

Na Unión Soviética, e en concreto na cidade siberiana de Novosibirsk no medio do período da Guerra Fría, viaxou tamén o fotógrafo estadou- nidense Nathan Farb. Realizou unha serie de retratos de cidadáns rusos de figura enteira cun corte/perspectiva sociolóxico e obxectivo, publi- cándose, o fotolibro, en 1978 co título “Os rusos”.

 

Conclusión

Pero ao contrario, no centro de “Prospekt Moscow”, hai unha mirada persoal, emocional, sen dúbida poética na súa imperfección e a riqueza de alegorías aínda que sinxelas, tal vez noutras palabras, unha cuestión existencial, que como na novela de viaxes de Bruce Chatwin corresponde á pregunta “Que estou a facer aquí?”.

Unha cuestión que parece ser un significativo paralelo nas oníricas Po- laroids tomadas polo gran director ruso Andrej Tarkovski durante a súa estancia italiana “forzada”. No pobo medieval toscano de Bagno Vignoni tomou imaxes altamente suxestivas e metafóricas, con retrin- cos evidentes as súas películas, pero en especial á nostalxia da súa terra natal.

Así que como o mestre ruso, Simone para levar a cabo a súa investiga- ción quixo utilizar unha cámara doutros tempos como a Polaroid. Non é unha elección doada, nunha época de iPhone.

A Polaroid, a máquina de revelado instantáneo, así inexacta e imprevi- sible, que permitiu ao autor achegarse aos seus suxeitos, creando unha relación moito máis íntima, deixando a un lado perfeccionismos e tec- nicismos baleiros, senón máis ben tomando o camiño da emoción pura.

As imaxes propóñense nun formato fixo de pequeno tamaño, xa que non se trata de fotografías que queren berrar se non suxerir.

Simone quere dedicar este libro a Anna Politotkovskaja unha valente xornalista que ao parecer o inspirou durante a súa estancia. Pregúntome se ao final non foi ela a resposta á pregunta, “que estou a facer aquí?”

Marco Citron

Dedicatoria

O ceo é gris, ameaza choiva.
Camiño por horas baixo o ceo nubrado, búscote nesta xornada de xullo. O metro está lonxano detrás de min, xa non circulan os autobuses, soamente podo andar ao longo do Mkad.
Por fin síntote moi próxima, síntome moi preto.
Unha última foto, unha última Polaroid.

Sigo camiñando, empeza a chover, pecho os ollos húmidos de choiva. Aquí estou á entrada. Emocionado cómproche unhas flores, teño medo de preguntar onde estás, o medo da xente case me contaxia.
Xa non chove , envólveme un silencio surrealista, interrompido soamente polo suave ruído das follas.
Entre centenares búscote, unha despois das outras.
Entre centenares véxote, o corazón golpéame forte, non estou seguro que sexas ti pero entón achégome, por fin vexo os teus ollos .
Séntome ao teu carón e a lado dos teus ollos deixo caer suavemente as rosas amarelas.
Fáloche coa voz baixa, a poucos metros hai persoas vestidas de negro entre o vento pero ninguén nos mira; apenas te coñezo, non sei se queres fumar, hoxe estou aquí e non estás soa.
Apenas te coñezo… fumo, fumas.
Pecho os ollos húmidos de bágoas.
A poucos metros persoas vestidas de negro entre o vento pero ninguén nos mira.

ad Anna Politkovskaja

Esta web usa cookies propias y de terceros para ofrecer un mejor servicio y hacer estadísticas de datos de uso. Acéptalas antes de seguir navegando para poder disfrutar de todos sus contenidos con plena funcionalidad. Si quieres más información o modificar su configuración, visita nuestra Política de Cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar