RASTROS de Alberte Pereira

Editorial Amordemadre, presenta Rastros de Alberte Pereira , primeiro fotolibro da serie Universo Peripatético, Até o día da presentación os fotolibros acompañanse dunha copia asinada e numerada polo autor, impresa en papel Fine Art nos talleres de Zlick.

«Lembro un texto de Martina Deren sobre o artista belga, Francis Alÿs, no que comentaba que a maioría de nós -na nosa actividade diaria nas cidades-  “apenas prestamos atención aos detalles dos sucesos cotiás, aos símbolos, ás pegadas, aos rastros urbanos que forman un conxunto de signos, mensaxes encriptados, invisibles retales do tecido urbano.“

O belga é un artista que intervén no espazo público e rexistra as súas intervencións a través de video gravacións e/ou fotografías.

Na serie “Rastros” eu, pola contra, rexistro as intervencións intencionadas ou non, das persoas, do factor humano, sobre o espazo público, que dun xeito ou doutro, transforman e modifican a  paisaxe urbana.

Esta, xunto con outras series, conforman a miña visión subxectiva do espazo público, sobre un todo, que dei en denominar “UNIVERSO PERIPATÉTICO”. Universo, por que é a miña visión sobre un todo, “o urbano” e peripatético, porque, nace do andar»

19,00

35 disponibles

Descripción

21×16 cm

56 páxinas

Papel Cyclus Print 135 g

Copia impresa numerada e asinada en Art Smooth

Impresión Dixital e tintas pigmentadas

Autor: Alberte Pereira

Edición 100 copias asinadas e numeradas

@AmorDeMadre