Descripción
14,×10 cm
84 páxinas
Papel Creative Smooth 180 g
Capa: papel Lokta
Impresión Giclée de tintas pigmentadas
Autor: Jesús
Edición 50 copias asinadas e numeradas
@AmorDeMadre
Lost Files, de Jesús Giz, é un diario visual sobre a incerteza, a perda e a capacidade de transformar o vivido a través da fotografía. Realizadas maioritariamente no primeiro semestre de 2020, as imaxes sobreviviron a un fallo informático unicamente como miniaturas. Tres anos despois, o autor regresou a elas para construír este fotolibro íntimo, no que o gran, o contraste e as sombras dan forma aos medos e á fraxilidade daquel período. Un arquivo recuperado que se converte nun espazo de memoria, aceptación e creación.
Nun mundo cheo de ferramentas para alcanzar certezas, podería parecer que somos donos do noso destino. Porén, esa sensación esvaece cando xorden dificultades para as que ninguén nos preparou e se pon a proba a nosa capacidade de resistencia.
Nas palabras do autor:
«Lost Files é un ensaio visual realizado case integramente con fotografías do primeiro semestre de 2020. Cunha certa cronoloxía, funciona como un diario do vivido, do sentido e do reflexionado durante aquel período. Un percorrido polos meus medos e demos, polo desgaste e a perda de apoios, até chegar á aceptación, cando todo parece volver verse en cor.
Durante o confinamento, a cámara foi unha ferramenta de acompañamento e descubrimento. Fotografar permitíame canalizar emocións, afastarme por momentos da incerteza e atopar un refuxio no coñecido, naquilo que aínda podía controlar.
Cando a situación comezou a mellorar, os meus discos duros empezaron a fallar en cascada. Cheguei a pensar que perdería toda a miña memoria fotográfica, tamén familiar, construída ao longo de máis de vinte anos. Volvían faltar os apoios.
Daquelas fotografías só conseguín recuperar as miniaturas de Adobe Lightroom. Esa perda dá título ao libro. O gran e o contraste, empregados inicialmente para expresar as miñas sensacións, permitiron integrar a baixa resolución das imaxes na linguaxe deste fotolibro de pequeno formato.
Tardei tres anos en poder enfrontarme de novo ao arquivo. Ao revisalo, regresaron preguntas que atravesan a miña relación coa fotografía: que me leva a rexistrar o cotián? Que permanece das imaxes máis alá da súa captura? Poden axudarme a comprender mellor a miña forma de estar no mundo?
Construír este libro foi unha maneira de transformar a perda a través da creatividade. Máis ca recuperar fotografías, tratábase de darlles un novo sentido: converter os restos dun arquivo nun relato sobre a fraxilidade, a memoria e a aceptación.»
19,00€
Disponible para reserva
14,×10 cm
84 páxinas
Papel Creative Smooth 180 g
Capa: papel Lokta
Impresión Giclée de tintas pigmentadas
Autor: Jesús
Edición 50 copias asinadas e numeradas
@AmorDeMadre
