Radiografía da Escena Musical Alternativa

 

A Deputación da Coruña organizou con Distant Sounds o 17 e 18 de abril en Studio Follow, na Coruña (Rúa Gambrinus, n.º 43, A3), as xornadas 'Radiografía da escena musical alternativa', unha nova cita do programa 'A Cultura é un Dereito', o ciclo de encontros impulsado pola institución provincial para promover a reflexión e o debate ao redor da creación e das industrias culturais contemporáneas.

Nesta ocasión, a proposta estivo centrada na análise da escena musical alternativa actual e na reflexión respecto dos seus retos, dinámicas e espazos de desenvolvemento. A través de mesas redondas, showcases, presentacións e actuacións en directo, a actividade abordará cuestións como a definición contemporánea da música alternativa, a sustentabilidade do sector, os espazos culturais autoxestionados, os selos discográficos independentes, os microfestivais ou os modelos de programación alternativos.
ZLick distant radiografia 0297
Más Historias