O lume en 2017 arrasou 5000 hectáreas no concello de As Neves.A ordenación, a protección e a explotación sostible do territorio son os fundamentos da prevención do lume, a política elude unha e outra vez a súa responsabilidade, inventando organizacións mafiosas de trastornados e culpando o cambio climático que redescubren cando empeza o lume. En «Retratos dun Incendio» Alberte A. Pereira mostra a súa reacción a desolación que provoca a visión do territorio queimado. O vindeiro 7 de Abril A Parede estará en Taboexa acompañando Alberte Pereira na presentación do traballo e máis do fanzine que publica para darlle visibilidade. 50 copias de tamaño 20×14 cm asinadas e numeradas, se queres reservar unha escribe a info@zlick.net .