zlick | Visions
72
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-72,qode-social-login-1.0,qode-restaurant-1.0,ajax_fade,page_not_loaded,,select-child-theme-ver-1.0.0,select-theme-ver-4.2,fs-menu-animation-line-through,popup-menu-text-from-top,side_area_uncovered,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.7,vc_responsive

Visions

* VISIONS é unha idea orixinal de Zlick, localizado na praza de Santa María da Cidade Vella da Coruña,coordinado polo Colectivo 15001, colectivo dedicado á transformación do código postal 15001 a través da creatividade.

Consiste nun festival de proxeccións fotográficas de como máximo 3,5 min. de duración co duplo obxectivo de promocionar a fotografía como ferramenta de comunicación e a Cidade Vella como espazo de interacción social.

A primera edición tuvo lugar no 17 deagosto de 2013, proxectándose en catro espazos (Zlick, El Ambigú, A Casa Da Fariña e THE ROOM) 60 traballos das máis diversas temáticas e realizados por autores de diferentes perfís, quer profesionais, quer afeccionados.

Na segunda edición, celebrada no ano 2014, ampliáronse as sedes a 6 e foron acrecentadas actividades como o mercado de fotografía, unha palestra divulgativa e un atelier infantil.

Na terceira, celebrada nos días 22 e 23 de agosto de 2015, incorpóranse novas sedes, pretendendo desenvolver un novo programa de accións incluindo tres obradoiros gratuitos e novas actividades como ‘fotosecado’ e ‘fotobook club’.

Afianzado o festival coma referencia no marco xeográfico galego, VISIONS procura a internacionalización do proxecto de cara a organización do evento en 2016, resolvendo así unha carencia real e recollendo a sensibilidade dun país ligado a esta disciplina por diferentes razóns históricas, entre as que se encontran, entre outras, as motivadas polos procesos migratorios.

Ademáis, e despois da experiencia xurdida, detectamos a posibilidade de convertir tamén o proxecto nunha oportunidade para a promoción da propia cidade, así tamén coma dos talentos individuais que crean a sinerxia urbana, a facilidade de integración en diferentes espazos, mantendo sempre os valores xurdidos na súa orixe: carácter popular e aberto, reivindicación e ocupación do espazo público, interacción de todos os axentes partícipes no campo creativo: expectadores, afeccionados, profesionais e mesmo do tecido divulgador.

En definitiva, VISIONS é un proxecto en constante crecemento que fuxe do concepto estático e fica aberto á incorparación de novos formatos, a novas ideas e á participación dos máis diversos axentes.

Podes visitar a web do Festival aqui: Visiøns

Client

Visions

Category

Design, Digital, Marketing, zlick

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar