CORREOS

VARI CARAMÉS

“CORREOS”, traballo inédito dun dos fotógrafo galegos con maior recoñecemento internacional: Vari Caramés.

Neste proxecto creado arredor do edificio de Correos da Coruña, construción racionalista que se encontra entre as máis singulares da cidade, o autor traza un percorrido poético de volta á orixe, un mundo de suxestión, delirio e misterio.

Sempre fundamentado sobre a raíz, a esencia, ou a conformación individual a través do colectivo, Caramés presenta nesta nova colección de imaxes un diario íntimo que comparte en catorce pezas. Unha bitácora emocional desde que a proclama o axioma: “somos o que fotografamos” transformando o cotián nunha paisaxe onírica e captivante.

ShareTw.Fb.Pin.
...

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!