BILSTON

BANDIA RIBEIRA

BILSTON WOODS

Bilston Woods é un enclave próximo á cidade de Edimburgo, en Escocia. Un bosque catalogado como “Sitio de Especial Interese Científico”. Hai trece anos, un grupo de activistas ocupárono coa finalidade de deter a súa demolición para a construción dunha vía rápida de acceso a Edimburgo.

Actualmente, mora alí un grupo dunhas vinte persoas en casas construídas por eles mesmos enriba das árbores utilizando detritos da cidade. Non hai auga nin electricidade.

Procuro navegar na idea do bosque como lugar de refuxio. Os habitantes de Bilston comparten un sentido de desafección co actual estado das cousas e unha intención de escape. A utopía convértese en distopía e Bilston aparece ante min como un fallo e unha confirmación da imposibilidade da fuxida. Un escenario futurista, unha zona temporal autónoma coas súas propias regras fronte a un mundo exterior co que inevitablemente interactúa. Mentres confirmo a imposibilidade de escapar ás miñas percepcións, abandono a idea de realizar un retrato realista do lugar que intento representar, confirmando tamén que a idea dun retrato realista é unha fantasía. O proceso convértese nunha narración da miña experiencia informada por unha reflexión en torno ao mito do bosque na nosa cultura.

Visitei e vivín en Bilston intermitentemente durante os anos 2015 e 2016 co propósito de fotografar e entender aspectos da vida dunha comunidade “fóra do sistema”, un tipo de asentamentos que florecen en moitos países da Europa occidental nun contexto de post-industrialización, crecente desigualdade e escaseza de recursos naturais. Bilston foi pacificamente evacuado no verán de 2016 tras 13 anos de existencia. O seu mantemento e conservación pasou a mans da Universidade de Edimburgo.

BANDIA RIBEIRA

 

O traballo de Bandia Ribeira, estivo exposto na SALA SAL durante os mese de Xulio e Agosto de 2016..

Para máis info sobre a autora : bandiaribeira.com

ShareTw.Fb.Pin.
...

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!