COUSA NOSTRA

“Sentímonos orgullosos do tempo e esforzo que lle dedicamos á edición de cada un dos nosos libros para asegurarnos de que sexan fontes inesgotábeis de pracer e aprendizaxe fotográfica”,

Cousa Nostra nace da vontade  de dar vida a unha editorial adicada á fotografía de autor en Galiza. Aínda  que o mundo editorial non pasa polos seus mellores momentos, decidimos facer tiradas curtas, numeradas e asinadas polos autores, co obxetivo de pór en valor o libro.Prezos económicos e carácter artesanal son características dos obxetos creados para esta primeira colección, ofrecendo unha diferenciación canto á calidade e accesibilidade.

Sabemos que  en Galiza, ano tras ano hai numerosos autores e traballos dunha inmensa calidade. Non queremos que eses traballos queden no esquecemento, queremos divulgalos o máximo posible.

Os autores da primeira colección son:

Simone Maestra, autor italiano que leva moitos anos afincado na Coruña. O traballo que presenta, Prospekt Moscow, é unha retrospectiva personalista de Moscova.

Luís Botana  con a súa obra, Latexos, discorre sobre a fotografía como transmisora da imaxe retiniana.

Carolina Martínez que recolle en All Tomorrow Parties noites de festa e desenfreo baixo “un estado de ansiedade colectiva”.

Tenda

 
x
 
x
 Toolsforcreativity
x
Zlick
 
x
 
x
 
x
 
x
 
x
 
x
 Contact us
x
Submit
Email is incorrect
Thank you for your message!