A Parede é un proxecto editorial  onde se pretende dar a oportunidade de publicar, en formato fanzine, proxectos fotográficos inéditos de diferentes autores que non atopan ou non teñen unha saida clara noutros formatos máis clásicos. A Parede simboliza o muro que impide publicar por falta de contactos, orzamento, ou encaixe nas convocatorias existentes orientadas maioritariamente a traxectorias estandarizadas. A Parede e o  muro imaxinario que queremos derrubar, saltar. Ademáis dos proxectos con fotógraf@s convidados, A PAREDE acompañase dunha convocatoria aberta calquera que desexe participar, onde escolleremos os traballos que nos parezan interesantes e  consideremos se adapten ao formato, que, recibirán o mesmo compromiso e trato que os dos fotográf@s convidados. Cada proxecto será presentado no marco dunha exposición efímera na parede escollida , con presenza do autor, que explicará o proxecto e poderá ser interpelado polo público, tentaremos que o formato sexa dinámico e divertido fuxindo de novo dos estándares de presentacións e inauguracións ao uso. buscamos tamén paredes porque o proxecto e itinerante, se tes unha parede libre no teu estudo, tenda, bar, restaurante, o porque non na tua casa, e queres participar escríbenos, se eres fotógraf@ e queres publicar o teu traballo na Parede, consulta as bases da convocatoria próximamente ou fala con nós no mail : info@zlick.net

A publicación terá un formato 14×20 e 32 páxinas impresas sobre papel de 120g , grapado. Tirada de 50 exemplares en 1ª edición.

ShareTw.Fb.Pin.
...

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!